02/05/2024

BENVENIDO SPAR EXPRESS XOVE!

BENVENIDO SPAR EXPRESS XOVE!

Empezamos o mes de maio cunha nova apertura dunha tenda franquiada Spar Express en Xove (Lugo), por Laura Arnau. Esta nova tenda, de 150 m2 de superficie, é o segundo súper que abre a moza mariñá na provincia lucense.

En xuño de 2023, Laura lanzábase ao sector da alimentación coa súa primeira tenda Spar en San Cibrao e, despois do gran éxito desta, animouse a seguir dando pasos nesta aventura empresarial que, aínda que é esixente no horario, facilítalle un tema tan importante como a conciliación familiar.

A súa aposta, para esta tenda situada no 18 da Avenida Deputación, seguirá sendo ofrecer un trato próximo e personalizado, así como unha variada oferta de produtos de calidade e locais. Ademais da variedade en exclusiva dos produtos Spar, nas súas seccións de produto fresco, charcutería, frutería e panadería non van faltar as verduras e hortalizas de proximidade.

Ademais de proporcionar un servizo esencial aos habitantes de Xove, este novo súper xerou a creación de postos de traballo na zona, xa que este Spar Express conta cun equipo de tres persoas para cubrir o horario de apertura ao público de luns a domingo: de luns a sábado de 9:30 a 14:30h e de 16:00 a 21:000 h e os domingos e festivos de 9:30 a 14:00h.