03/05/2022

TOMÓVIL CUEVAS PARTICIPA NA IV CAR OUTLET EN EXPOURENSE

TOMÓVIL CUEVAS PARTICIPA NA IV CAR OUTLET EN EXPOURENSE

Esta fin de semana, Tomóvil estará presente na cuarta edición do Car Outlet organizado por Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles da provincia ( ACAUTO), coa colaboración de Abanca.

Os días 6,7 e 8 de maio Tomóvil expoñerá unha selección de 25 vehículos que cobren unha abanico amplo de posibilidades. Turismos de perfil económico moi reducido, vehículos eléctricos como o Mustang Mach-e ou o híbrido enchufable Kuga. Todos eles con financiamento acorde á decisión do cliente.

En total, durante a duración do salón, poñeranse á venda máis de 400 coches de ocasión e segunda man que terán descontos de ata o 50% nalgúns modelos.

O horario do salón será de 11 h a 20,30 h o venres; de 10 h a 20,30 h o sábado, e de 11 h a 20 h o domingo. A entrada custará dous euros, e será gratis para os menores de doce anos.