
A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL VISITA CUEVAS E CÍA
Esta mañá, tivemos o pracer de recibir nas instalacións de Cuevas y Cía, en San Cibrao das Viñas, á conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martin Alemparte Vidal.
Durante a visita, a conselleira recoñeceu a aposta do Grupo Cuevas pola innovación e a transformación agroalimentaria en Galicia, así como o papel pioneiro de Cuevas Marron Glacé na produción e elaboración de produtos derivados da castaña, un símbolo da nosa terra con proxección internacional.
A delegación foi recibida por Rocío Cid, xerente de Cuevas y Cía., e Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, que guiaron o percorrido polas instalacións e compartiron a evolución da compañía dende os seus inicios ata a actualidade, cunha presenza consolidada en máis de 30 países.
Desde o Grupo Cuevas agradecemos sinceramente esta visita e o interese amosado polo labor que desenvolvemos cada día para poñer en valor o produto galego, fomentar a innovación e contribuír ao desenvolvemento sostible do medio rural.
Seguimos traballando con ilusión para que a castaña galega e o Marron Glacé continúen sendo embaixadores da nosa calidade e tradición no mundo.