
ABRIMOS SPAR EXPRESS RIANXO!
Ampliamos a rede SPAR Express en Galicia coa apertura dun novo supermercado en Rianxo, A Coruña. Con 140 m² de superficie comercial, este novo establecemento está pensado para facilitar a compra diaria desde a proximidade, cunha proposta cómoda, áxil e adaptada ás necesidades dos veciños e veciñas da zona. SPAR Express Rianxo conta con seccións de panadería, froitería e charcutería, alén dunha variedade de aproximadamente 2.000 referencias, que combina produtos de marca SPAR con opcións pensadas para o día a día. Detrás desta apertura hai un equipo de 4 profesionais que ofrecerán un servizo próximo, coidado e de confianza. O establecemento abrirá de luns a sábado, de 9:00h a 21.00 h, en horario ininterrompido; e pechará domingos e festivos. Esta nova apertura reflicte o noso compromiso cun modelo de distribución alimentaria que aposta por estar preto das persoas, dinamizar o comercio local e seguir crecendo da man das nosas comunidades.