19/11/2026

APERTURA DE SPAR EXPRESS O INCIO!

APERTURA DE SPAR EXPRESS O INCIO!

O Incio conta desde agora cun novo supermercado SPAR Express, unha tenda franquiada que acaba de abrir as súas portas da man dunha emprendedora local. Desde Grupo Cuevas apoiamos os pequenos emprendedores e o comercio rural e de proximidade coa apertura de novas tendas franquiadas, como esta.

O establecemento lucense está situado na Praza de España, 11, e dispón dunha superficie de 140 m². Conta con seccións de panadería, froitería e charcutería asistidas, que permiten ofrecer unha atención personalizada aos clientes.

A cargo da tenda está Paula, encargada de atender o público e de converter este novo espazo nun punto de referencia para as compras diarias dos veciños.

Horario de apertura:

De luns a venres: de 9.00 a 13.30 h e de 16.00 a 19.30 h.

Sábados: de 9.00 a 14.00 h.

Días 22 de feira: de 9.00 a 14.00 h, cando coincidan en domingo ou festivo.