
ARTUR YUSTE PARTICIPA NA XORNADA XEOGRAFÍA EMPRESARIAL DO CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA
Artur Yuste, director xeneral de Grupo Cuveas, participou onte na xornada Xeografía Empresarial, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao.
Xunto a Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino, compartiu a súa visión sobre algúns dos principais retos aos que se enfrontan hoxe as empresas galegas: custos, produtividade, loxística, tecnoloxía, xestión do talento e capacidade de investimento.
Durante a súa intervención, subliñou a necesidade de revisar continuamente os procesos, apoiarse nos datos para tomar mellores decisións e entender a tecnoloxía como unha ferramenta ao servizo de obxectivos concretos. Destacou tamén a importancia de seguir investindo e crecendo cunha visión sostible e de longo prazo.
Desde Grupo Cuevas agradecemos ao Círculo de Empresarios de Galicia, ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e á Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao a invitación, así como o seu labor ao xerar espazos de encontro onde compartir experiencias e reflexionar sobre a competitividade do tecido empresarial galego.