13/03/2024

ASISTIMOS Á XORNADA DO PROGRAMA RESPONSABILÍZACHE DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ASISTIMOS Á XORNADA DO PROGRAMA RESPONSABILÍZACHE DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Durante a xornada de onte, a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao organizou un novo encontro empresarial no marco do Programa Responsabilízache da Xunta de Galicia, onde o principal obxectivo é apoiar e asesorar ás pemes e microempresas galegas na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.

Este ano, María José, directora de RRHH e Desenvolvemento de Persoas acudiu ao encontro, no que xa participara en edicións anteriores achegando a experiencia de Grupo Cuevas como empresa galega referente no relatorio de “Retos e Oportunidades da ASG”.

Noutras ocasións María José puido perfilar algunhas das iniciativas levadas a cabo dentro do ámbito ambiental, social e de gobernanza, como a aposta estratéxica polas enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a redución de pegada de carbono, a aposta polo rural e os produtores de proximidade; as colaboracións solidarias e formativas, e a implicación co benestar dos traballadores de Grupo Cuevas a través da implantación de diversas medidas.