05/05/2022

BENVIDO SPAR BAIONA

BENVIDO SPAR BAIONA

Hoxe abre as súas portas un novo franquiado de Grupo Cuevas baixo a insignia Spar Express. E faio na rúa Monte Real número 21 da localidade pontevedresa de Baiona. Unha tenda de 100 metros cadrados que será atendida por un equipo de 2 persoas e que conta con seccións de chacinería, froitería e panadería.
Abrirá as súas portas de luns a sábado de 9:30 a 14:30 e de 17:00 a 20:30. Domingos e festivos de 10:00 a 13:30.
Incorpórase á rede de Spar Express que suma así máis de medio centenar de tendas situadas en Galicia, principalmente, e en Castela e León.