
09/09/2025
COLABORAMOS CO CONCELLO DE BOIRO NO PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL
Guillermo Maneiro puido ampliar a súa formación na nosa tenda Cuevas Cash A Pobra do Caramiñal, realizando tarefas de caixa, reposición, acompañamento en repartición... que lle permitiron mellorar a súa empregabilidade nunha contorna real de traballo.
Colaboramos con iniciativas como esta de o concello de Boiro, co obxectivo de implicar á empresa na xeración de novas oportunidades no rural.