25/03/2024

CUEVAS Y CÍA EN ALIMENTARIA 2024

CUEVAS Y CÍA EN ALIMENTARIA 2024

Tras unha semana intensa de traballo, o equipo de Cuevas e Cías terminou as xornadas da Feira Alimentaria cunha gran sensación. Rocío Cid, xerente da compañía e Mariña Domínguez, responsable de compras e comercio exterior, tiveron a oportunidade de reencontrarse con clientes, promocionar todos os nosos produtos e manter un gran número de reunións con distribuidores de toda España, de Xapón, Perú, EE.UU., Reino Unido, Australia… e moitos máis! E é que o éxito das nosas castañas é global.

Ata a nosa caseta, en Lands of Spain, tamén se achegaron autoridades institucionais como Alfonso Villares, Conselleiro do Mar, que gozou do noso produto máis internacional, o delicioso Marron Glacé e José Luis Cobarcos, director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, AGACAL.

Moitas grazas a todos por esta gran acollida, sentímonos como na casa!