
CUEVAS Y CÍA REFORZA A PREPARACIÓN DO SEU EQUIPO EN PRIMEIROS AUXILIOS
O equipo de Cuevas e Cía realizou hai uns días unha formación en primeiros auxilios na súa sede do polígono de San Cibrao das Viñas, onde se intercalaron conceptos teóricos con moita práctica, baixo a premisa de formarse para previr e actuar para coidar.
Durante a xornada levaron a cabo aspectos clave como a conduta PAS (protexer, avisar e socorrer), a avaliación inicial da persoa accidentada e a importancia de activar correctamente o sistema de emerxencias para reducir tempos de resposta e mellorar o prognóstico.
A formación tiña como obxectivo principal facilitar ao equipo de Cuevas e Cía o coñecemento das principais técnicas para o rescate, como a mobilización e inmobilización de accidentados en condicións de seguridade tanto para as vítimas como para eles mesmos.
Desde Grupo Cuevas seguimos apostando pola formación en prevención e a saúde laboral. Unha xornada moi útil para o día a día no traballo, onde lembramos que saber como actuar tamén é unha forma de coidarnos entre todos.