15/10/2026

FRUNATUR PARTICIPA EN FRUIT ATTRACTION PARA DETECTAR NOVAS TENDENCIAS E REFORZAR REDE DE PROVEDORES

FRUNATUR PARTICIPA EN FRUIT ATTRACTION PARA DETECTAR NOVAS TENDENCIAS E REFORZAR REDE DE PROVEDORES

O equipo de Frunatur estivo presente a semana pasada en Fruit Attraction, unha cita crave para coñecer de primeira man as tendencias que marcan o presente e o futuro do sector hortofrutícola.

Durante a feira, Gregorio Pousa, xerente de Frunatur; Noelia Carnero, responsable de Compras de Frunatur; e Francisco Fernández, xestor de provedores en Frunatur, mantiveron numerosos encontros con provedores actuais e potenciais. Estas reunións permitiron explorar novas referencias e detectar oportunidades de incorporación á variedade da compañía.

Entre as principais tendencias observadas destaca o crecemento de propostas cada vez máis orientadas á conveniencia, con produtos e pratos practicamente listos para consumir. Tamén se aprecian novas fórmulas de implantación, adaptadas aos hábitos de compra actuais.

A feira tamén serviu para avanzar nun dos principais obxectivos de Frunatur: garantir unha maior continuidade de produto durante todo o ano. Para iso, a compañía traballa en diversificar provedores por referencia e, ao mesmo tempo, en seguir consolidando a relación con aqueles cos que xa colabora.

O balance da participación é moi positivo: o equipo regresa con novas ideas, posibles incorporacións e, sobre todo, co interese de numerosos provedores por traballar con nós