13/03/2026

GRUPO CUEVAS DÁ A BENVIDA A NOVOS ALUMNOS DE PRÁCTICAS

GRUPO CUEVAS DÁ A BENVIDA A NOVOS ALUMNOS DE PRÁCTICAS

Este mes, na sede central de Grupo Cuevas en Ourense, recibimos a cinco estudantes de FP Dual en Administración e Finanzas, que realizarán as súas prácticas connosco ata xullo.

Sara, Dailén e Abraham están en 1º curso, mentres que Santi e Jefferson, que repiten prácticas connosco, cursan o 2º ano de formación. Durante estes meses, os estudantes terán a oportunidade de traballar en distintas áreas crave da empresa, como Marketing, Administración, Recursos Humanos, Contabilidade e Facturación en Loxística.

Actualmente, a FP Dual é unha ferramenta fundamental para achegar a formación á realidade do mercado laboral. Para as empresas supón tamén asumir un papel activo no proceso formativo, acompañando aos estudantes, compartindo coñecemento e axudándolles a desenvolver habilidades que só se adquiren vivindo o día a día dunha organización.

Ademais, dentro do noso compromiso social, esta semana tamén se incorporou Iván Folgoso, alumno do curso “Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais” de COGAMI Galicia, que realizará as súas prácticas na nosa plataforma loxística ata abril.

Con iniciativas como esta reforzamos a nosa implicación na inserción laboral de persoas en risco de exclusión, convencidos de que a empresa pode e debe ser un axente activo na creación de oportunidades.

A todos eles, benvidos! Estamos encantados de acompañarvos nesta etapa de aprendizaxe e crecemento profesional.