20/03/2024

GRUPO CUEVAS PARTICIPARÁ NO PROXECTO SOSFOOD

GRUPO CUEVAS PARTICIPARÁ NO PROXECTO SOSFOOD

O potencial da intelixencia artificial (IA) para proporcionar unha imaxe precisa e global do sistema alimentario europeo que promova o desenvolvemento de ferramentas preditivas. Este é o obxectivo principal proposto por SOSFood, un proxecto enmarcado no programa Horizonte Europa no que participarán 17 entidades de toda Europa e que estará liderado pola Universidade de Vigo.

Grupo Cuevas achega a este proxecto o seu “know how” no sector da distribución alimentaria e formará parte do traballo conxunto con outros expertos públicos e privados, para acelerar a transición verde do sistema alimentario. Para iso, e coa aplicación de IA, crearase unha rede para a compilación de datos, cartografarase o escenario do sistema alimentario e deseñaranse ferramentas de toma de decisións que contribúan á sustentabilidade do sistema alimentario.

Os obxectivos de Grupo Cuevas no proxecto serían a redución do desperdicio alimentario e o impacto na sustentabilidade, ademais da mellora da rendibilidade. Para iso traballarase na análise preditiva do comportamento de compra dos usuarios con varios obxectivos.

O primeiro, captar o impacto dos patróns de venda recorrentes e factores externos na demanda para obter prognósticos máis precisos a curto e longo prazo en canto ao stock do produto. O segundo obxectivo será obter a información de como mellorar a variedade e o seu posicionamento na base de datos sociodemográficos. E, finalmente, optimizar o equilibrio entre o risco de diminucións e o risco de perdas de vendas. Espérase que a IA actúe como un facilitador para aliñar o proxecto cos tres piares do desenvolvemento sostible –económico, social e ambiental.

SOSFood promoverá a transición ecolóxica do sistema alimentario con expertos do sector privado (industria e comercio), público e investigación académica de España, Portugal, Grecia, Italia, Lituania, Países Baixos, Francia e Bélxica e Italia en saúde, nutrición, tecnoloxías da IA, ecosistemas de intercambio de datos, xestión de datos, desenvolvemento de software, ciencias ambientais e avaliación do ciclo de vida entre outros. Por último, e para garantir a viabilidade do proxecto e a representatividade dos algoritmos desenvolvidos, os resultados de SOSFood validaranse en tres casos de estudo, a nivel rexional en Galicia, a través de Grupo Cuevas, metropolitano (Atenas) e nacional (Lituania). A duración do programa será de 48 meses.