24/02/2026

GRUPO CUEVAS PREPARA AS NOVAS XERACIÓNS

GRUPO CUEVAS PREPARA AS NOVAS XERACIÓNS

A nosa plataforma loxística da Cidade do Transporte, en Ourense, conta cunha superficie útil de 21.320 m², 22 peiraos de carga e capacidade para 24.500 palés, e tamén conta cunha zona de refrixerado para 1.340 palés e máis de 213.000 m³ para almacenaxe en seco. Desde o 2021, a súa inauguración supuxo un cambio cualitativo en canto á súa eficiencia e capacidade.

Ademais da parte loxística, hai que destacar a importancia do capital humano fronte á tecnoloxía e o espazo físico, e é que durante estas semanas contamos con dúas persoas en prácticas na nosa plataforma baixo o marco da organización e xestión de almacéns. Andrés Domingo, realiza as súas prácticas a través de ACO Ourense, a Asociación de Construtores de Ourense; e Rosana Anina, que vén de Academia Postal, estará a se formar connosco ata o 4 de marzo. Xuntos están a integrarse en diferentes procesos reais na nosa plataforma loxística como a recepción, o control e xestión de mercadoría, centrándose en maximizar a eficiencia, garantir a continuidade do servizo e optimizar o rendemento mediante enfoques sistemáticos.

Apostar pola formación práctica e a profesionalización do sector loxístico é un punto crave para poder seguir mellorando a nosa eficiencia e preparar ás próximas xeracións de fronte ao futuro do sector.