
GRUPO CUEVAS REFORZA A LIÑA SPAR EXPRESS: MÁIS EMPREGO, MÁIS PROXIMIDADE E NOVAS TENDAS
As franquías Spar Express xogan un papel crave no mundo rural, ofrecendo servizo de proximidade, xerando autoemprego e dinamizando comunidades onde o acceso a alimentación e produtos básicos é limitado.
Neste contexto, Carlos Costa, director comercial de Grupo Cuevas, compartiu as especial Franquías da Revista Inforetail como consolidamos e desenvolvemos cada ano o modelo franquiado:
“Durante 2025, a compañía pechou con 81 franquías, rexistrando 9 aperturas, xerando máis de 200 empregos e reforzando a súa presenza especialmente en Galicia, Asturias e Castela e León. A expansión centrouse en tendas de proximidade, tanto en contornas urbanas como rurais, e o crecemento en facturación rondou o 7-9%, consolidando o modelo de negocio e a marca propia.”
Na entrevista, Carlos analiza como adaptamos a variedade ás novas tendencias do consumidor e optimizamos a oferta comercial, detallando ademais a estratexia de expansión e as previsións de aperturas para 2026, que contemplan entre 5 e 10 novas tendas. Tamén menciona o impacto do custo normativo e as medidas adoptadas para que os franquiados manteñan a rendibilidade, así como a atracción de talento emprendedor e o papel da remuda xeracional na continuidade do modelo. Ademais, explica a implementación de ferramentas dixitais e analítica de datos para mellorar a xestión de cada punto de venda. En conxunto, ofrece un percorrido completo sobre como un modelo de franquía próximo, eficiente e tecnoloxicamente avanzado pode seguir crecendo e xerar emprego.