
GRUPO CUEVAS REFORZA O SEU COMPROMISO COA CIBERSEGURIDADE NO SECTOR ALIMENTARIO
Continuamos participando activamente en foros e xornadas vinculadas á innovación e a transformación dixital do sector alimentario. Nesta ocasión, Víctor C. Lorenzo Dávila, director de Sistemas e Tecnoloxías da Información da compañía, participou hai unha semana nunha mesa redonda organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) na sede da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga), en Santiago de Compostela.
A xornada puxo o foco nos principais retos e necesidades en materia de ciberseguridade dentro do sector alimentario, unha contorna cada vez máis dixitalizado e conectado, onde a protección dos sistemas resulta clave para garantir a continuidade operativa das empresas.
Durante a súa intervención, Víctor destacou que o maior risco para unha compañía non é unicamente sufrir un ciberataque, senón as consecuencias que este pode xerar na actividade diaria do negocio. “Non poder cobrar en tenda, paralizar un almacén ou afectar a procesos crave son situacións que impactan directamente na operativa dunha empresa. En ciberseguridade non protexemos só sistemas, protexemos a continuidade do negocio”, destacou.
Así mesmo, subliñou a importancia de contar con provedores tecnolóxicos que comprendan a realidade operativa de sectores como o retail, a loxística ou a produción, e que contribúan a minimizar riscos reais máis aló do cumprimento normativo.
En Grupo Cuevas a ciberseguridade entendémola como un compromiso transversal que implica tecnoloxía, procesos e persoas, avanzando cara a modelos de xestión cada vez máis seguros, resilientes e adaptados aos desafíos actuais.