13/05/2026

IMPULSAMOS A EMPREGABILIDADE NO FORO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

IMPULSAMOS A EMPREGABILIDADE NO FORO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

María José Fernández Robledo, directora de Recursos Humanos e Desenvolvemento de Persoas en Grupo Cuevas, participou no Foro de Emprego organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, celebrado en Ourense onte.

A xornada enmárcase dentro do Programa Integrado de Emprego dá Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao 2025-2026, unha iniciativa orientada a impulsar medidas activas que melloren a empregabilidade das persoas desempregadas, favorezan a súa incorporación ao mercado laboral e contribúan ao desenvolvemento económico e social da contorna.

Durante o encontro, María José achegou aos asistentes a realidade actual do sector da distribución alimentaria, alén de compartir cales son os perfís profesionais máis demandados actualmente en Grupo Cuevas e as competencias que hoxe resultan fundamentais nunha actividade en constante evolución como a nosa.

Desde Grupo Cuevas destacan a importancia de seguir xerando oportunidades de desenvolvemento profesional desde o territorio, apostando polo talento local, a formación e o acompañamento ás persoas no seu crecemento laboral.

A participación neste tipo de iniciativas permítenos reforzar o noso compromiso co emprego e estreitar a conexión entre empresa, persoas e contorna, compartindo coñecemento e achegando a realidade empresarial a quen está construíndo o seu futuro profesional.