21/05/2025

LA VOZ DE GALICIA DESTACA Os RETOS DE GRUPO CUEVAS NO ÁMBITO TECNOLÓXICO NO SUPLEMENTO MERCADOS

LA VOZ DE GALICIA DESTACA Os RETOS DE GRUPO CUEVAS NO ÁMBITO TECNOLÓXICO NO SUPLEMENTO MERCADOS

La Voz de Galicia quixo ter en conta ao equipo de STI de Grupo Cuevas nos seus especial Mercados, e para iso entrevistaron a Víctor Lorenzo, director de STI do grupo. Tivemos a oportunidade de contar na entrevista a importancia da innovación constante ao longo da historia empresarial de Grupo Cuevas, posicionándonos como un exemplo de empresa centenaria na provincia de Ourense na actualidade.

Actualmente, Víctor destacou dous grandes retos tecnolóxicos nos que está centrado o equipo: a ciberseguridade, como garantía para unha contorna dixital robusto e fiable; e a intelixencia artificial, unha ferramenta clave para transformar procesos e achegar valor real ao noso negocio.

Víctor lembra como cambiou a escala da infraestrutura tecnolóxica na compañía: "De xestionar apenas 10 servidores hai uns anos, a manexar preto de 200 hoxe. Un salto que reflicte a evolución de Grupo Cuevas e o papel estratéxico da tecnoloxía no noso día a día".

Tamén destaca a aposta por solucións que marcan a diferenza, como é o caso do reabastecimiento automático nas nosas tendas ou o pedido guiado para optimizar ao máximo os nosos stocks. Mantendo sempre o mesmo obxectivo: reducir o desperdicio alimentario e mellorar a eficiencia cada día. "E precisamente nesa liña, o noso grupo participa activamente en iniciativas como o proxecto europeo SOSFood Project, que impulsa a sustentabilidade e promove o produto local. Porque para nós, a tecnoloxía só ten sentido se mellora a vida das persoas".