
O ALUMNADO DO IES ANTÓN LOSADA VISITA A NOSA PLATAFORMA LOXÍSTICA EN OURENSE
A semana pasada recibimos na nosa sede central de Ourense a 20 alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Antón Losada, da Estrada, nunha xornada orientada a achegar ao alumnado á realidade empresarial e ao funcionamento da organización.
Durante a visita, guiada por Marta Cid, directora de Comunicación e Marketing de Grupo Cuevas, os estudantes coñeceron a historia e traxectoria da compañía, así como os diferentes departamentos que a integran. A xornada incluíu un percorrido polas instalacións da Plataforma Loxística de Ourense, onde puideron descubrir de primeira man os procesos que forman parte da operativa diaria e os sistemas empregados para a preparación e distribución de pedidos, como a tecnoloxía de picking por voz; e novas incorporacións como Modula, que permite axilizar os procesos de preparación de mercancía na plataforma.
Esta iniciativa enmárcase no compromiso que temos co achegamento entre o ámbito educativo e o empresarial, favorecendo o intercambio de coñecementos e experiencias e contribuíndo a que os futuros profesionais coñezan as dinámicas de traballo e as oportunidades que ofrece a contorna laboral.