
Os ALUMNOS DE ACADEMIA POSTAL VISITAN AQUIÉ FLEMING
Esta mañá tivemos o pracer de recibir no noso supermercado Aquié de Fleming a un grupo de alumnos do curso “Actividades auxiliares de caixa e reposición e preparación de pedidos”, nunha xornada orientada a achegar a teoría de aula a unha contorna profesional real.
Durante a visita, Silvia, encargada de tenda, mostrou ao grupo a organización das seccións, a xestión da reposición, o percorrido dos clientes, e os aspectos que fan especiais aos supermercados Aquié. Tamén puideron coñecer de preto como a dixitalización e as ferramentas tecnolóxicas facilitan a xestión do inventario e melloran a experiencia dos clientes.
Ao finalizar a visita, os alumnos destacaron a amabilidade do persoal e o deseño estratéxico do supermercado.
En Grupo Cuevas, pensamos que achegar a empresa ás aulas é fundamental para preparar aos futuros profesionais do comercio e a distribución. Agradecemos a implicación dos centros educativos e dos propios alumnos neste tipo de iniciativas, que nos permiten sumar talento e coñecemento ao sector.