12/03/2024

OS ALUMNOS DO GRAO DE ENXEÑERÍA DE ALIMENTOS DA UNIVERSIDADE DE LEÓN APRENDEN SOBRE A ELABORACIÓN DO MARRON GLACÉ

OS ALUMNOS DO GRAO DE ENXEÑERÍA DE ALIMENTOS DA UNIVERSIDADE DE LEÓN APRENDEN SOBRE A ELABORACIÓN DO MARRON GLACÉ

Esta mañá recibimos aos alumnos de cuarto curso do Grao de Enxeñería dos Alimentos da Universidade de León, nas nosas instalacións no Polígono de San Cibrao.

Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, foi quen lles mostrou os encantos do Marron Glacé a través dunha interesante charla sobre a elaboración deste produto tan artesán, onde destaca a importancia de coidar cada detalle en todos os procedementos de elaboración do Marron Glacé, nos que é tratado con mimo e agarimo.

Os futuros enxeñeiros e enxeñeiras puideron coñecer o proceso de elaboración do Marron Glacé, así como aprender un pouco máis sobre a maquinaria necesaria nos procesos de creación.