
OS ALUMNOS DO PROGRAMA AFD DA XUNTA DE GALICIA VISITAN GRUPO CUEVAS

Hoxe pola mañá visitáronnos os alumnos da Programación AFD da Xunta de Galicia. Todos eles están a preparar o Certificado de Profesionalidade en “Marketing e Comunicación” e outros en “Xestión de compras e aprovisionamentos”, ambos os programas impartidos pola Academia Multimedia School de Ourense.
A visita guiada por Marta Cid, directora de Comunicación, Eloy Pena, actual subdirector de Compras, e por Jose Antonio Mourille, director de Loxística, serviulles para descubrir cada detalle da historia e da actualidade de Grupo Cuevas.
Os alumnos puideron gozar dunha xornada interactiva, na que tiveron a oportunidade de coñecer e falar sobre o departamento de compras e o seu día a día, así como das diferentes estratexias de márketing que se deseñan para cada liña de negocio presente na empresa.
Finalmente, tamén puideron visitar a plataforma loxística, onde descubriron a importancia da correcta xestión de stocks e mercadorías, ademais do funcionamento das novas ferramentas de etiquetaxe, que permiten ser máis eficientes cada día.