
PLENUS ALLARIZ RECIBIU AOS MÁIS PEQUENOS DA ESCUELA INFANTIL DE ALLARIZ
Hai uns días, o equipo de Plenus Allariz acolleu un pequeno grupo de alumnos moi especial, os nenos e nenas da Escola Infantil de Allariz. Durante a visita, tiveron moita curiosidade e emoción percorrendo os corredores da tenda onde os nosos compañeiros lles ensinaron como facer a compra, mentres descubrían a importancia da alimentación saudable e sa.
Encántanos ver o seu entusiasmo aprendendo sobre as froitas, verduras e todos os produtos do día a día. Ademais, puideron coñecer de forma divertida como elixir os artigos máis frescos para coidar a súa saúde desde pequenos.
Grazas a iniciativas como esta desde as escolas, e coa nosa colaboración, os nenos e nenas teñen a oportunidade de coñecer a importancia de seguir unha boa alimentación desde pequenos.