19/04/2024

RECIBIMOS A VISITA DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE DISTRIBUIDORES, AUTOSERVIZOS E SUPERMERCADOS

 RECIBIMOS A VISITA DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE DISTRIBUIDORES, AUTOSERVIZOS E SUPERMERCADOS

Onte recibimos a visita do presidente (Josep Duran i Lleida), director xeral (Ignacio García Magarzo) e directora de comunicación (Nuria Cardoso) de Asedas no noso supermercado Plenus Avda. Zamora.

Artur Yuste explicáballes o modelo do noso supermercado de proximidade e a zona de influencia á que dá servizo. Durante a visita interesáronse por toda a parte de produto fresco, especialmente a peixaría, por referencias de produto galego singulares que atoparon nos nosos estantes e tamén pola aplicación da tecnoloxía na tenda co uso de etiquetas electrónicas. Tamén houbo lugar para coñecer máis de preto os produtos de Cuevas e Cía, a empresa de Grupo Cuevas que transforma a castaña e convértea no seu doce máis coñecido: marron glacé, así como outras gamas de produto como Cuevas Chef. Conversaron tamén con Lourdes, a responsable da tenda que lles contou a dinámica da nosa tenda en Avda. de Zamora.

Esta visita a Ourense estaba motivada pola participación de Josep Duran i Lleida no Foro organizado por La Región titulado "A competitividade na distribución alimentaria: Lexislación e Economía" e ao que tamén asistiron representantes de Grupo Cuevas.