11/04/2024

RECIBIMOS AOS ALUMNOS DE ACTIVIDADES COMERCIAIS DO CIFP PORTOVELLO

RECIBIMOS AOS ALUMNOS DE ACTIVIDADES COMERCIAIS DO CIFP PORTOVELLO

Onte pola mañá os alumnos do primeiro curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais, do CIFP Portovello, visitaron a nosa sede central no Polígono de San Cibrao das Viñas, Ourense. O interese polo noso modelo de negocio, a diversificación empresarial do grupo e os plans de futuros foron varios dos temas que precederon ao tempo de debate sobre as particularidades do negocio das franquías Spar Express, da exportación do Marron Glacé e as especificidades de cada país para unha correcta importación.

Marta Cid, directora de márketing e comunicación, dirixiu a xornada, respondendo as preguntas que xurdían durante a visita pola plataforma central. No almacén, o grupo puido seguir de forma minuciosa o percorrido que segue a mercadoría desde o momento que se recibe, ata que se prepara un pedido e distribúese entre os distintos roteiros de repartición.

Ademais da área loxística, os estudantes tamén puideron explorar os distintos departamentos, que fan posible nosa actividade diaria. Para nós é fundamental que os futuros profesionais coñezan en profundidade as empresas que operan na súa área, polo que esperamos que esta visita ofreceulles unha perspectiva directa das oportunidades laborais dispoñibles na nosa rexión, así como o poder aplicar de forma práctica os coñecementos adquiridos na aula