01/09/2025

RECIBIMOS AOS ALUMNOS DO CENTRO DE ESTUDOS EDUARDO PONDAL

RECIBIMOS AOS ALUMNOS DO CENTRO DE ESTUDOS EDUARDO PONDAL

A nosa plataforma loxística de Ourense recibiu a visita do alumnado do Certificado Profesional de Organización e Xestión de Almacéns, impartido pola Xunta de Galicia no centro de Estudos Pondal de Monforte de Lemos, a principios do mes de agosto.

A visita estivo guiada por Antonio González (Toño), quen compartiu co grupo o funcionamento da nosa plataforma. Explicoulles detalladamente o noso sistema de picking por voz, o proceso de preparación de pedidos e a nosa política de PRL no almacén.

A visita foi moi completa, e estamos moi contentos de ter a oportunidade de contar aos alumnos quen somos e como é o noso día a día.