11/12/2025

VENANCIO SALCINES VISITA A FÁBRICA DE CUEVAS Y CÍA

VENANCIO SALCINES VISITA A FÁBRICA DE CUEVAS Y CÍA

A principios de semana, recibimos na fábrica de Cuevas e Cía a visita de Venancio Salcines, economista, profesor e presidente de CESUGA, xunto a parte do seu equipo. A visita tivo como obxectivo coñecer de preto onde nace a maxia do delicado marron glacé de Cuevas e explorar posibles vías de colaboración en formación, innovación e desenvolvemento conxunto, buscando sinerxias entre o ámbito universitario e a industria alimentaria.

A visita foi guiada por Rocío Cid, xerente de Cuevas e Cía, quen presentou as instalacións da nave e explicou cada fase do artesanal e minucioso proceso de elaboración da nosa alma de bosque. A visita tamén estivo acompañada de Carlos Costa, director comercial de Grupo Cuevas.

Venancio tivo a oportunidade de coñecer os nosos procesos de primeira man, descubrir os novos produtos e, como non, probar o noso exquisito marron glacé recentemente glaseado, un pequeno detalle que resume a esencia do que facemos: tradición, agarimo e valor engadido ao produto galego gourmet.