13/11/2025

VISITA DE MARKEA A CUEVAS E CÍA

VISITA DE MARKEA A CUEVAS E CÍA

En Cuevas y Cía tivemos o pracer de recibir a varios socios de Markea, Asociación Galega de Marketing, que viñan dispostos a descubrir todos os segredos da nosa Alma de Bosque.

Durante a visita, Rocío Cid, xerente de Cuevas y Cía, acompañounos nun percorrido por todo o proceso de elaboración do noso Marron Glacé, dende o pelado e o confitado, ata o glaseado e o coidadoso envoltorio final. Tamén compartiron a experiencia Marta Cid e María Castro, do departamento de Comunicación e Marketing de Grupo Cuevas, quen explicaron algúns dos detalles máis especiais deste produto tan emblemático da nosa casa.

Un dos momentos máis destacados foi cando os asistentes se interesaron polas variedades de castaña que utilizamos na elaboración do Marron Glacé. Contámoslles que traballamos coas variedades Famosa, Longal e Xudía, e sorprendeulles coñecer as súas características únicas… especialmente o seu tamaño!

Agradecemos moito a Markea a súa visita e o interese amosado polo noso traballo. Encántanos compartir a paixón por un produto que une tradición, calidade e innovación en cada bocado.